O CD Lugo manda nos derbis galegos: nove vitorias nos últimos trece encontros
O conxunto albivermello suma nove triunfos, tres empates e unha soa derrota nos seus últimos trece derbis galegos.
O Mundo Albivermello · 23 de novembro de 2026, 21:20
O CD Lugo atravesa un gran momento nos derbis galegos de Primeira Federación. Segundo os datos publicados por “La Voz de Galicia”, o conxunto albivermello gañou nove dos seus últimos trece enfrontamentos contra rivais galegos, nos que tamén sumou tres empates e unha soa derrota.
O balance goleador tamén reflicte o seu dominio: 20 tantos a favor e só 8 en contra.
A última demostración chegou en Pasarón, onde o equipo de Borja Fernández conseguiu unha importante vitoria por 0-2 ante o Pontevedra.
Uns números que confirman o bo rendemento do Lugo nos derbis e alimentan a ilusión dunha afección que quere seguir soñando.